miércoles, 20 de febrero de 2013

Xusticia social e desenvolvemento alternativo en América Lantina

Boas aquí vos deixo unha reseña crítica dun texto exposto na clase de Innovación de desenvolvemento rural no MDRIE.

Reseña crítica. Texto: Reflexiones sobre justicia social y desarrollo alternativo en América Latina. ¿Desarrollo local, desarrollo sostenible y/o ecosocialismo?
                                                      Carlos Ferrás Sexto y Xoan M. Paredes

O seguinte texto da unha visión sobre os desequilibrios estructurais no desenvolvemento rexional en Latinoamérica e fai unha discusión sobre os modelos de desenvolvemento alternativo alí dados.
Parte da base de que Latinoamerica segue uns procesos de crecemento similares ós tradicionais, cunha concentración industrial e demográfica nos grandes polos urbanos. Ante esto levouse a cabo uns intentos para controlar esta dinámica pouco sustentable pero fracasou. Con certa consideración hoxe en día atopámonos con certos polos de crecemento intermedio paralelamente a un freo dos polos tradicionais.
A partir desta nova tendencia salen novos modelos de desenvolvemento que o autor entra a discutir e comentar a raíz de experiencias persoais e un gran coñecemento e contacto directo cá realidade latinoamericana.

Dentro dos  tradicionais desequilibrios estrucurais que conleva una dinámica capitalista e de crecemento ilimitado citados no texto, como por exemplo, macrofalia urbana, diferencias entre áreas urbanas e rurais, concentración do poder político, administración local débil, marxinalidade e desigualdade social, atraso socioeconómico do campo, caciquismo.... quero destacar o fenómeno singular desta rexión como é o das favelas,a presión imperialista estadounidense e o narcotráfico. Botei en falta o factor do medio físico que a pesar de todas as circunstancias citadas antes, si ten un efecto palpable na singular realidade territorial latinoamericana.

Neste contexto o autor fala de tres modelos de desenvolvemento, o local, o sustentable e o ecosocialismo e fai unha breve reflexión sobre o significado de cada un e como poden evolucionar dentro dun ámbito cunha gran inxusticia social.

Xa entrando dentro da miña valoración persoal, penso que o desenvolvemento de Latinoamérica, e de calquera rexión, debería basarse dende a sustentabilidade e a conciencia ecolóxica,  unha das razón pola que faigo esta afirmación e por dous motivos fundamentais: a rexión latinoamericana conta con un alto valor de biodiversidade única e singular e segundo conta con exemplos de modelos sustentables e ecoloxistas no seu medio rural e máis insólito, que a pesar de carecer (según a nosa percepción dun mundo desarrollado) de uns medios de sociedade “evolucionada”, son capaces de vivir e subsistir retroalimentándose co propio ecosistema.
Penso que no eterno debate “na busca dunha solución ou alternativa para o rural e todas esas zonas que non entran no modelo capitalista e parecen estar dirixidas a súa desaparición”, un camiño a seguir sería este patrón donde é imprescindible eliminar a idea de crecemento, e traballar co concepto de desenvolvemento e  poder traballar para un futuro.

Podemos entrar na disputa de que modelo debemos seguir, pero penso que as grandes aglomeracións urbanas, as megacidades son un claro exemplo de fracaso do modelo de crecemento ilimitado totalmente evocado a ruina. Polo que deixo a seguinte cuestión no aire.

¿Debemos seguir un modelo sustentable e respetuoso co ecosistema e así asegurando un futuro para as vindeiras xeracións ou seguir cun modelo de crecemento sen límites donde o que prima e acumulación de capital?

pd: deixo aquí o enlace directo do texto para interesados
www.gist.es/public/index.php?pid=activos&accion=obtener&aid=1324


Carlos García.

No hay comentarios:

Publicar un comentario