Carlos Gancedo, Catalina Sánchez e Chus García, na Barxa
Boas, quero presentarvos unha nova sección do blogue dedicada exclusivamente a unha investigación sobre unha comuna que se desenvolveu no municipio de Xove nos anos setenta como unha alternativa para o rural.
Esta idea xurdiu a raiz de que eu vivín moitos anos nunha de Lago (Xove) da que formou parte desta historia tan peculiar. Donde de primeira man meu pai (Chus) vivíu in situ e formou parte dunha comunidade agrícola no que todo era de todos.
Penso que é moi interesante e indicado sacar e difundir esta experiencia a través deste blogue mediante un proxecto de investigación, no cal Jose e mais eu intentaremos amosarvos todo o relacionado coa comuna, xa seña mediante entrevistas aos protagonistas, documentos gráficos, libros, etc...
pd: deixo aquí o artículo que sacaron no Progreso como introdución.
http://elprogreso.galiciae.com/nova/181230.html
Cando lle escoitei falar o meu compañeiro desta comuna quedei sorprendido, non creía que xente de tan diferentes procedencias, estudos e clase social fosen capaces de vivir en comunidade e durante tanto tempo. Que os aceptasen os paisanos, co raros que somos os galegos, xa tiveron que ser boas personas e axudar ben, pois os galegos ata que recibimos catro non damos unha. Ata creía que bromeaba cando lle escoitaba falar de que querían, e aprendían o galego cando nós rechazábamo-lo. Cómo era posible que se dedicasen o cultivo cara o mercado, e de productos que nin sequera os agricultores da zona había probado.
ResponderEliminarMerecerían premios por cada unha desas cousas pero tamén por innovadores. Carlos, dille os teus país que os admiro.