Estamos dispostos a
pagar por estes precios?
Como valora o consumidor español os produtos ecolóxicos?
A realidade da
agricultura ecolóxica reside na exportación cara países que si a valoran e
si están dispostos a pagar por calidade. Podemos poñer o exemplo de Alemania como un dos países que importa unha parte importante de produtos ecolóxicos españois.
Penso que son dous factores os que frean o consumo
ecolóxico na nosa sociedade: a propia mentalidade consumista e facilmente manipulable onde o produto
barato e sintético gaña totalmente ao mercado e unha demanda débil (nun contexto
de crise) cunha capacidade adquisitiva moi baixa.
Perdeuse o aprecio polos produtos da terra?
Preferimos pagar 20 céntimos menos por unha leituga de
fóra?
Sen dúbida o problema
dos precios é unha cuestión moi delicada e que está a levar lentamente o agro español ao fracaso, desta maneira as multinacionais coparán todo o mercado. Penso que o principal problema está no propio modelo de distribución feito
exclusivamente para que estas grandes empresas gañen e o perxudicado sexa o
pequeno e mediano agricultor/gandeiro, cuxa única saída sería mediante a constitución de cooperativas.
O día que teñamos que
encher a neveira co que se poida e co precio que outros impoñan veremos as
consecuencias da mala xestión deste sector, é un pouco temerario deixar a nosa
alimentación en mans de outros…
Na miña opinión, a propia rede de distribución, moi inxusta co productor, é o principal mal da
agricultura, exemplo: unha gran empresa de distribución
non podería comprarlles o kg de pataca a 5
céntimos ós productores e vendelo a 5 euros... ¿que valor lle damos ao traballo
do agricultor, a principal parte da cadea productivo neste sector? Un valor que se reflicte nunha sociedade en que traballar no campo non se contempla como
futuro para xoves, por non mencionar a ínfima colaboración das institucións neste sector.
Deberían ensinar na escola cando e como plantar unha pataca, a
cultivar o campo?
Estamos a deixar de lado o importante que é para un país ter
unha forte base produtiva agrícola; olvidamos que a agricultura é un sector estratéxico para un país.
Estase a converter noutro negocio de especulación, incluso a deslocalización
agraria cara países subdesenvolvidos é unha realidade…..sin coches e sin televións podemos vivir pero sin alimentos NON.
Outro tema delicado e digno de mención: a PAC. Cargouse a
competencia agrícola que tiña España dentro da UE, ou foi España que non foi
cun obxectivo a Bruselas? o modelo de subvecións logrou resolver os problemas?
Eu penso que o modelo actual está evocado o fracaso, mal sembramos
o campo e despois recolleremos merda , falando mal.
Que solucións hai ante este panorama: cooperativismo,
soberanía alimentaria, agricultura ecolóxica….?
O que está claro e que coa comida non se xoga¡¡¡
Anímovos a participar, comentar e criticar. Calquera aportación será benvida.
Un saúdo, Carlos.
Interesante reflexión Carlos, que queres dicir con que o modelo subvencións fracasou?
ResponderEliminarBoas, cando falo de que o modelo de subvencións foi un fracaso refírome o seguinte,
Eliminarpartimos de que un dos obxetivos da PAC era aumentar a producción dos productos agrícolas europeos e aseguraballe a compra dos excedentes, en certo sentido si tivo éxito xa que o obxetivo cumpriuse, pero foi víctima do seu propio éxito xa que este modelo de regalar cartos e mal sembrar supoñia un gasto maior para as políticas agrarias da UE, é decir , como unha bola de neve.
E engadir que este incremento do gasto por parte das políticas agrarias non se traducía nun aumento das rendas dos campesiños ademais de xerar desigualdades e desequilibrios.
Penso que todo o tema referinte a PAC é unha suma de intereses donde os que máis teñen son os que gañan e prefírese non ver o problema ata que explota.
E actualmente despois de 20 anos de políticas de axuda directa ou indirecta aos productores non serviron mais que para retrasar o problema, e con solo ver que toda a vida da PAC estivo marcada por reformas e que algo non está a funcionar.