miércoles, 13 de marzo de 2013

¿Galicia como unha cidade xardín?


Boas, aquí vos deixo un comentario sobre o texto adxuntado abaixo.



Un ideario de cidade en rede policéntrica ubicada nun grande xardín. O caso da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal.                                                                                   Carlos Ferrás Sexto

Imaxinemos unha Galicia que xunto co Norte de Portugal formen unha Eurorexión.
Imaxinemos unha Eurorexión integrada dentro dun sistema de cidades policéntricas.
Imaxinemos un sistema de cidades policéntricas inter-relacionados por redes donde hai unha simbiosis entre o rural e o urbano.
Pois desta forma  o autor da unha visión un pouco utópica, non falta de razón pero que deixa varias cuestións no aire.
¿Estamos a falar dunha Eurorexión donde as cidades competirían entre si ou actuarían de forma conxunta cada unha coa súa función para ser máis competitivas frente ó exterior?
En canto a singularidade deste novo espacio cun  valor cultural, físico etnográfico único  podemos afirmar que si temos unha certa capacidade e potencial para o desenvolvemento  desta idea de “cidade no xardín”, ¿pero é posible en canto a termos socio- económicos? As cifras demográficas invitan ao pesimismo, e sen capital humano o factor traballo queda mermado.
Cando o autor fala dunha cultura urbana o matizaría mais ben  como un desorde  urbano e recente, a cultura que temos sempre foi  rural ata non fai moito.
Vexo importante resaltar o seguinte punto, xa que cando falamos de desenvolvemento dunha cidade xardin, penso que temos que establecer unhos criterios demográficos , é decir, falamos de desenvolvemento non de crecemento, o que conleva que a partir de certo número de habitantes, este modelo non sería viable, o obxectivo  sería fixar población e mellorar o que temos . De ahi a que a falar do modelo rural Chino (A.Toffler) como exemplo de superación é perigoso xa que en volume demográfico existen diferencias altísimas  e respecto o modelo de crecemento rural chinés, o problema do éxodo rural cara a cidade é unha realidade e un gran problema.
Para rematar, estou de acordo que temos que ver o noso medio como unha fortaleza singular  e única, e ir cara o obxetivo de desenvolver o territorio galego de forma sostible e sendo conscientes dos límites ademais de  potenciar unha economía simbiótica e diversificada sempre respetando os valores históricos e culturais e DESTACANDO OS VALORES COLECTIVOS  que fan único a noso país, XA QUE SOÑAR DE CANDO EN VEZ NON FAI MAL A NAIDE.



Un saúdo, Carlos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario