Boas aquí vos deixo un comentario xeral sobre a evolución da produción ecolóxica en Galicia, así como foi o seu crecemento en canto número de produtores, superficie e volume de negocio por actividade.
Dende a creación do CRAEGA (1997) a evolución do número de
productores ecolóxicos en Galicia seguiu
unha tendencia ascendente, salientando que nestes anos de crise continua
en ascenso ata chegar a case quinientos productores.
Observando o gráfico,
vemos como o ano de maior crecemento en canto a número de productores dase no
2001 (poderíamos preguntarnos a razón de tal cousa), tendendo a baixar
lixeiramente nos anos posteriores ata o 2011.
En canto a evolución
da superficie agro-ecolóxica foi paralelo ao crecemento do número de
productores dando o salto cuantitativo no 2001 e seguir cunha evolución
crecente (cun pequeno estancamento no 2010) ata os nosos días.
Falando do número de
hectáreas por provincia, son as dúas provincias do interior (Ourense e Lugo) as
que contan con maior número de hectáreas. (número de produtores por provincia)
En volumen de negocio temos un incremento do
27,7% nas vendas certificadas en ecolóxico, o que supuxo un volume de negocio
por riba dos 21 millóns de euros, arredor de 4,7 millóns máis que en 2010 e
lonxe da facturación de 2001, de medio millón de euros.
Na evolución por
productos vemos como son o leite e carne os máis demandados. Sendo o leite, con
8,8 millóns de euros de ganancia, 1,2 millóns máis que en 2010; as carnes, con
3,3 millóns de euros e unha suba de 700.000 euros do 2010 ao 2011; os ovos, cun
volume de negocio dun millón e medio de euros e un aumento de case 300.000
euros dun ano para outro; e as conservas de pescado, que acusaron un crecemento
espectacular que as levou aos 2,1 millóns de euros nas vendas de 2011. Inflúe o
feito de ser a primeira comunidade na produción e o enlatado de mexillón
ecolóxico, e tamén o potencial que temos na recolleita sostible de algas.
Tamén cómpre destacar
a demanda que teñen nos mercados nacional e internacional tanto os froitos
silvestres, especialmente as castañas, coma os viños, a sidra e o vinagre de
sidra, debido neste último caso á certificación de adegas das denominacións
Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras.
pd: déixovos un artículo sobre este tema
http://praza.com/economia/4101/o-auxe-da-agricultura-ecoloxica-en-plena-crise/
Un saúdo.
Carlos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario