Farei un análise máis disgregado e micro (nivel municipal) para empezar a
entender as dinámicas do agro-ecolóxico galego.
Dividerei a produción ecolóxica en dous tipos: vexetal e
animal
Empezaremos pola PRODUCIÓN ANIMAL.
No seguinte mapa
podemos ver a grandes rasgos donde temos o maior número de productores é na
provincia de Lugo, seguido de Ourense, A Coruña e Pontevedra.
Os principais municipios cun maior número de productores son
Vilalba con 10, Friol con 8 e Quiroga con 7, os tres situados na provincia de
Lugo.
Vemos como a Terra Cha conta cun gran actividade ecolóxica
(produción animal) que contínua cara o Suroeste ata a comarca do Deza e hacia o
Sureste ata Os Ancares e Quiroga, formando un gran compendio no centro de
Galicia.
Cabe destacar varias illas repartidas pola provincia de
Ourense: O Irixo con 6 productores,Lobios, Entrimo,Xinzo de Limia, Allariz, Montederramo,
Viana do Bolo entre 2 e 4 respectivamente…).
Da provincia de Pontevedra destacar Vigo e Covelo e da
provincia de A Coruña citaremos Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña.
PRODUCIÓN VEXETAL
O maior número de productores vexetais ecolóxicos a grandes rasgos sitúanse en en tres
puntos, no Noreste de Pontevedra e no
Sur da provincia de Lugo.
Os municipio que encabeza a lista Baralla con 10 productores,
A Estrada con 22 e Chantada con 15. Seguindo a estes tres están Lalín con 9 e a
Láncara con 7, a partir de aquí o resto tería entre 1 e 4.
En canto a distribución vemos unha certa centralización dos
productores entre a comarca do Deza e a comcarca de Chantada.
Cabe citar varias illas como Baralla, Viana do Bolo, Sur da
provincia de Pontevedra (Tomiño, Gondomar, Ponteareas…); outra sería os
municipios de Santiago e Negreira , aínda que os poderíamos englobar cos da
comarca do Deza; Ferrol; algún municipio interior da A Mariña (Lourenzá);…
Facendo unha pequena comparación dos dous mapas, vemos como
as áreas con maior número de productores animais non coinciden con aquelas de
maior número de productores vexetais, é decir, as concetración de produción
vexetal non coincide ca animal.
A nivel cuantitativo hai uns 173 productores animais frente
aos 230 productores vexetais. Esto non significa que a nivel de volumen de
produción non ten porque ser correlativo. Pero en canto a diversidade de
productos e actividades, a produción vexetal supera con creces a animal.
Un saúdo.
Carlos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario