jueves, 2 de mayo de 2013

Diversidade ecolóxica en Galicia

Boas, na seguinte entrada tratarei o tema da diversidade ecolóxica aportando unha serie de mapas que nos axudarán a comprender si contamos cunha produción ecolóxica monótona ou chea de diferentes actividades.

Para elo contaremos cos seguintes mapas que analizaremos a nivel municipal.



O primeiro mapa reflexa o índice de diversidade ecolóxica dos municipios galegos respecto ao número de actividades que realiza en base a súa poboación total. Mentres que o segundo mapa móstranos o número de actividades ecolóxicas (animais e vexetais) por municipio.

Entrando nun simple análise podes decir que os municipios con unha maior diversidade na súa produción ecolóxica son os seguintes: Valdoviño, Baralla, Padrón, Pantón e Lugo. Xeograficamente falamos dunha localización repartida, é decir, a diversificación non responde a factores xeográficos concretos xa que non se concentra especialmente en ningunha zona. En canto ao tipo de actividades, si podemos falar dun dominio de actividades vexetais dentro da diversidade ecolóxica. É a produción vexetal a que conta con unha maior rama de actividades. Por exemplo, no caso de Baralla, conta con 5 tipos de actividade animal frente a 26 tipos de actividade vexetal. No caso de Pantón e Lugo as actividades están máis repartidas, no resto o dominio vexetal é un feito.


Podemos asociar ou relacionar un alto grado de diversidade cun elevado número de productores, correlaciónanse estas dúas variables?
Facendo unha pequena visual comparativa entre o mapa de número de producotes por municipio e os anteriores, vemos como non van da man na maioría dos casos.
Que un municipio conte cun alto grado de diversidade por activades non significa que teña un alto número de productores, pero si podemos encontrar aproximacións.
Temos a Estrada con 22 productores pero cunha produción moi monótona, en Vilalba pasa o mesmo (produción Vacuna).






Un saúdo.
Carlos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario