lunes, 20 de mayo de 2013

La economía del hidrógeno

Na seguinte entrada farei un comentario sobre o libro "La economía del hidrógeno. La creación de la red energética mundial y la redistribución del poder en la Tierra" de Jeremy Rifkin.



"La electricidad ha permitido descomponer el agua en sus elementos primitivos, lo cual hará que se convierta  en una fuerza poderosa y manejable(...) Si, amigos mios, creo algún día se empleará como combustible, que el hidrógeno y el oxígeno de los que está formada, usados por separado o de forma conjunta, proporcionaría una fuete inagotable de luz y calor, de una intensidad de lo que el carbón no es capaz (...) El agua será el carbón del futuro"

Así explicaba Harding aos seus compañeiros, no libro "La isla misteriosa" de Julio Verne como sería a enerxía do futuro en caso de que o carbón se esgotase.
Sobre esto fai unha reflexión Rifking no seu libro "La economía del hidrógeno" como unha gran esperanza para o futuro e así poder solucionar os problemas enerxéticos que existen no mundo, sobre todo naqueles sitios máis desfavorecidos. Unha idea que dificilmente chegue a levarse a cabo na totalidade das explicacións de Rifkin. Os factores que impiden que esto vaia cara adiante son varios, e desafortunadamente os intereses económicos e políticos que controlan os que máis teñen fan casi imposible chegar a esta meta idílica para a humanidade.
Lamentablemente hoxe en día, movémonos para e polo petróleo, e estamos supeditados aos intereses e caprichos dos que contralan esta fonte. Na medida en que esta dinámica imperial de recursos enerxéticos non cambie, calquera alternativa que nos venda como enerxía limpia e renovable quedará nun mero lavado de mans e quedar ben nos discursos.

Este artículo non solo fai reflexionar sobre a propia alternativa do hidróxeno como nova fonte de enerxía se non no sistema dictatorial que marcan as enerxías fósiles e parece tan difícil sair.


Un saúdo. 
Carlos

2 comentarios:

  1. É certo que a economía do hidróxeno parece unha idea utópica, mais, se nos paramos a pensar, quizais non tan improbable nos tempos que corren. Habitualmente busco teorías que expliquen por que moitas fórmulas seguen sen estar resoltas. O tema que desenvolves nesta entrada é precisamente un dos que traen unha gran controversia dende hai uns anos.
    Como ben dis, non se oe falar moito das enerxías renovables a excepción de en certos discursos que pretenden, simplemente, gañar a confianza dalgunha que outra persoa preocupada polo medio ambiente. Finalmente, estas enerxías renovables non se soen aplicar a gran escala (a excepción de certos parques eólicos, algunhas placas solares esparexidas por algunha zona do país e pouco máis).
    O mellor de todo é que unha das escusas máis recorrentes é a explicación de que a instalación deste tipo de recursos non é económica e que afectaría á paisaxe. Estas explicacións deixan moito que desexar; só me fan pensar na hipocresía do capitalismo, pois ben é certo que o petróleo é sen dúbida un dos recursos menos económicos e un dos máis contaminantes que existen. Pero o que está claro é que este recurso lle resulta pouco económico a quen se quere que resulte pouco económico. Se a economía do hidróxeno favorecese a outro tipo de destinatarios, o máis probable é que se estudiasen mellor as posibilidades de obter ese tipo de recurso. Mais, como xa dixen, vai ser difícil saír deste sistema cando está a favorecer a un mercado xa non nacional, senón global.

    ResponderEliminar
  2. gracias pola túa resposta Tania.
    Sen dúbida de acordo con todo o que dis. é lamentablemente certo..

    ResponderEliminar