Na seguinte entrada farei unha reseña crítica sobre o seguinte artículo.
Cidade atlántica e desenvolvemento territorial en Galicia.
Carlos Ferrás Sexto
Xose M. Souto González
É Galicia unha rexión marxinal ou non?
Dende un punto de vista europeo, podemos decir que se sitúa fora das dinámicas clásicas capitalistas: tardío en canto a políticas de infraestructuras, territoriais, ausencia de políticas de ordenación territorial,etc.
Pero.. o futuro pasa por mirar cara europa ou abrirnos ao mundo?
O artigo ofrécenos unha visión de Galicia como unha gran cidade Atlántica, pero como e canto de realidade ten esta concepción?
É certo que ao longo da nósa historia fumos conformando unha paisaxe e uns asentamentos singulares. A raiz dun modelo de vida construimos unha dualidade entre o campo e a cidade. Somos dos únicos que temos a posibilidade de entablar esta simbiosis entre o rural e o urbano sen caer nos extremos.
O artigo propon dúas hipotesis sobre o espazo de asentamentos en Galicia. Un relacionado cos usos do solo e outro donde establece a terra como valor de cambio. É decir, no primeiro punto partimos de que o hábitat responde a modelos tradicionais en función e relación co aproveitamento do medio; no segundo o hábitat responde a pautas máis modernas como a accesibilidade e a funcionalidade do espazo.
Por parte de administración pública non atopamos ningún exemplo levado a práctica dunha política de ordenación boa e pragmática, non vinculada a intereses políticos e privados. Si, podemos citar a división comaral de A. Precedo ausente no plano legal e xurídico. Ademais do escaso apoio por parte da Xunta para o desenvolvemento endóxeno, ao contrario do que di o autor, xa que a pesar de contar cun gran potencial enerxético, agroalimentario e pesqueiro a maioría do capital ven de fóra e os beneficios non recaen totalmente en Galicia, quedando en mans de intereses privados exóxenos.
Outro factor influenciable no ordenamento territorial son os axentes inmobiliarios, que movidos polo látigo do señor diñeiro foron causantes de estragos en canto a brotes urbanos sen sentido rachando coa nosa paisaxe.
Por todo esto é imprecindible incluir nas novas políticas un obxectivo para o ordenamento territorial no futuro de Galicia, introducindo unha nova concepción de Galicia como cidade Atlántica.
Pero como facemos que a o poboación galega sexa consciente de que forma parte dunha cidade atlántica? Como unha persoa dun pobo no interior galego entende que é parte dunha cidade ecolóxica sostible?
É consciente a poboacion galega do tipo de asentamento no que vive?
É en estas cuestións donde reside a miña "crítica" a esta visión , para min moi futurista. Hai que ter en conta que a sociedade galega ten un gran sentimento de arraigo polo do que é de cada un, donde a cooperación co do lado non é algo moi común. Donde habería que implicar por parte das institucións medidas de apoio a cooperación dos axentes locais galegos e o networking entre eles.
Un saúdo.
Carlos.
Grazas polo artículo, estou realizando un traballo sobre o asentamento na poboación da nosa comunidade e serviume de gran axuda.
ResponderEliminarGracias a ti por participar no blog, e si sirve da axuda moito mellor
ResponderEliminar